Creado con Xara © Web oficial de la Sección de URE BAIXO MIÑO 2014.  Colaboración de nuestro buen amigo EA1ZN.   En este artículo, EA1ZN trata de explicarnos de una forma amena en que consiste este fenómeno y la relación que tiene con nuestra afición. Es aplicable sobre todo a las comunicaciones a través de satélites. Se podría explicar como “ es el aparente cambio de frecuencia de una onda producido por el movimiento relativo de la fuente respecto a su observador “ (WIKIPEDIA). Hemos respetado el texto original escrito por nuestro buen amigo en Gallego. Espero que sea de vuestro interés. O efecto Doppler. Christian Doppler foi un matemático e físico austriaco. Naceu en Salzburgo no 1803 e morreu en Venecia no 1853. Traballou de profesor na Escola Politécnica de Praga, no Instituto Politécnico de Viena  e foi director do Instituto de Física desta cidade. No 1842 descubriu o fenómeno que hoxe leva o seu  nome aplicado ás ondas sonoras. O físico francés Fizeau estendeuno ademais á luz e outras ondas  electromagnéticas. (Ondas de radio). ………………………………………………………………………………………………..  Orelliñas Marchosas sae do seu pobo a dar un paseo polos arredores. Cando xa está no campo,  ve a súa casa alá ao lonxe, as terras dos seus veciños,... todo. Son as doce en punto da mañá e as campás de Bastavales escomenzan a soar. As súas ondas  sonoras avanzan dende o foco e propaganse ata chegar ás orellas do noso heroe. O son viaxa  rapidamente a unha velocidade duns 340 m/s. Tamén pasa o mesmo cando tiramos unha pedra nun  estanque. Vemos como avanzan as ondas que se alonxan de seguida. Estas ondas móvense en forma. de "frontes de onda" que son algo semellante ós pasos dos  soldados nunha parada militar. Vemos pasar o desfile como unha sucesión de ringleiras ou frontes  perfectamente organizados, en formación. Chamamos frecuencia ó número de frontes de soldados que pasan diante de nós por unidade de  tempo. (Internacionalmente chámase Hertz á frecuencia correspondente a unha fila por segundo). Se  foran soldados motorizados, poderían desfilar en frontes máis rápidas que é o que pasa co son das  campás ou as ondas da radio. Falamos entón de Kilohertz ou mesmo de Megahertz.  Supoñamos por un instante que de xeito máxico saímos voando a moita velocidade cara á nosa  casa. ¿Seguiremos a escoitar as campás? Si, pero como imos ó encontro dos frontes de onda,  recibirémolos cunha frecuencia maior. As campás e os seus sons, son os mesmos pero nós, que somos  observadores en movemento relativo respecto ó foco, percibiremos as súas notas como se tiveran máis  frecuencia. E resulta que a frecuencia dos sons está relacionada co seu ton musical. Cando a frecuencia  aumenta, o ton elévase e o son é máis agudo. Se nos alonxamos o son percibirase con menor frecuencia   ou sexa cun ton máis grave. Trátase dunha ilusión acústica. É o efecto Doppler. Fizeau estendeu este efecto a todo tipo de  ondas, incluso ás electromagnéticas entre as que se atopan a luz e as ondas da radio. Efectivamente, os  astrónomos ven estrelas co seu telescopio que emiten unha luz de tons vermellos e falan dun  "esvaramento cara o vermello”    e esa cor prodúcese porque a estrela escapa moi apresa de nós e a  frecuencia da luz que emite é percibida como máis pequena. Se a estrela se aproximara rapidamente  produciríase un "esvaramento cara ó azu1”. O efecto Doppler é moi perceptible nos sons aínda con velocidades pequenas e por iso notámolo  ben en trens, coches e aínda barcos pero tamén pode ser apreciado na luz e nas ondas radioeléctricas.  Os sinais de radio procedentes da Lúa ou dos satélites de Radioafeccionados poden estar afectados por  este fenómeno. Se utilizamos o programa informático de seguimento de satélites InstanTrack veremos  que hai dous parámetros moi importantes que son: R: Distancia que nos separa do satélite. dR/dt: Velocidade de aproximación ou de alonxamento do satélite de nós. Se este factor fora grande, o efecto Doppler será importante pero como as ondas de radio non son luces, non haberá cambio de cor senón soamente de frecuencia o que nos obrigará a cambiar a nosa  frecuencia de recepción con risco de perdelo. Subiremos a frecuencia se o satélite se aproxima e  baixarémola lixeiramente se se alonxa de nós.  Unha das aplicacións máis famosas do efecto Doppler é a medida da velocidade dos vehículos de  motor por medio do RADAR. O coche da policía emite ondas electromagnéticas que rebotan na carrocería dos coches que se moven pola estrada que se comportan como focos emisores por reflexión. Xa  funcionan incluso sistemas que permiten o funcionamento do sistema co coche emisor en movemento, o  que complica o cálculo de cara a detectar ó posible infractor. Tamén en medicina se usa o efecto Doppler  para medir a velocidade do sangue nos vasos e detectar complicacións circulatorias en determinadas  doenzas. Finalmente diremos que non hai que confundir Efecto Doppler co esvaemento ou "fading". Este  fenómeno é producido por alteracións locais ou ocasionais do medio de propagación especialmente nas  capas altas da ionosfera. O "fading”   prodúcese entón por ondas ou vaivéns de intensidade e non de xeito  continuo como no efecto descrito. Orixinal de EA1ZN. (Zamburiña Namorada)    ea1zn@edu.xunta.es  amaltea1234@hotmail.com